Santiago acumula 138 propostas de sanción por incumprimento desde o inicio do estado de alarma

Urbaser continuará xestionando o servizo de limpeza a pesar de rematar en abril a concesión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2020 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago de Compostela realizou un total de 138 propostas de sanción por incumprimentos das medidas decretadas desde o inicio do estado de alarma.

Desde este venres, os controis efectuados entre a mañá e a madrugada ao longo do municipio saldáronse con 34 identificacións. Delas, 21 foron propostas para sanción.

En total, producíronse 211 identificacións desde o pasado 16 de marzo, das 138 foron propostas para sanción, ademais de 3.137 vehículos controlados neste período.

Control policial na Coruña. CONCELLO DA CORUÑA
Control policial na Coruña. CONCELLO DA CORUÑA

URBASER

Por outra banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou este luns de que Urbaser continuará xestionando o servizo de recollida e limpeza viaria na capital galega a pesar de que o contrato finalizaba en abril.

Segundo explicou tras a xunta de goberno local, dáselle unha orde de continuidade xa que, no actual contexto, non é posible iniciar un procedemento de licitación, polo que Urbaser "ten que seguir prestando o servizo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta