Dous meses de prisión para un 'sen teito' de Santiago por consumir drogas e alcol na rúa no estado de alarma

Foi interceptado en cinco ocasións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2020 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Un home foi condenado a dous meses de cárcere por incumprir o confinamento de forma reiterada en Santiago de Compostela, tras ser interceptado en diversas ocasións consumindo alcol e drogas na vía pública.

Sen teito
Sen teito

O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, en funcións de garda, condenou a este home como autor dun delito de desobediencia, por incumprir a orde de confinamento derivada do estado de alarma decretado pola crise sanitaria da COVID-19.

A Policía Local interceptouno ata en cinco ocasións, entre o 21 de marzo e o 2 de abril, na vía pública, consumindo alcol, drogas e deambulando pola cidade.

Segundo consta na sentenza, os axentes comunicáronlle en cada unha das intervencións a existencia dun espazo habilitado nas instalacións do seminario menor para acoller a persoas sen fogar e advertíronlle das consecuencias de permanecer na vía pública durante a vixencia do estado de alarma.

O home recoñeceu os feitos ante o xuíz e chegou a un acordo coa Fiscalía sobre a pena, polo que a sentenza non será recorrida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta