Rescatan un home ferido que caeu ao mar desde unha zona acantilada en cabo Prior

O home sofre politraumatismos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2020 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Un home foi rescatado, ferido con politraumatismos, tras caer ao mar na mañá deste martes desde unha zona acantilada nun carreiro situado en cabo Prior, en Ferrol.

Foto tomada desde o helicóptero de Salvamento Marítimo de home rescatado en cabo Prior.
Foto tomada desde o helicóptero de Salvamento Marítimo de home rescatado en cabo Prior.

Segundo informa Salvamento Marítimo, un voluntario de Cruz Vermella, que é policía nacional, deu a alerta do sucedido ás 9,18 horas deste martes.

Así, o centro da Coruña de Salvamento Marítimo coordinou a operación, coa mobilización do helicóptero Helimer 401 e a patrulleira Salvamar Betelgeuse, xunto a dúas embarcacións de Cruz Vermella. Con todo, o rescate produciuse por terra polos bombeiros de Ferrol.

O ferido foi evacuado en padiola e posteriormente trasladado en ambulancia. Diferentes medios, como Policía Nacional e Local, acudiron ata a zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta