Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2020 | Actualizada ás 15:08
A cativada do proxecto escolar Semente Compostela, impulsado pola Gentalha do Pichel, vén de preparar un vídeo no que entoan o 'Grândola, Vila Morena' acompañando á voz de Zeca Afonso. Caravel vermello en man, os nenos e nenas conmemoran deste xeito o 46 aniversario daquel 25 de abril de 1974 no que Portugal abriu un novo tempo político. A Revoluçom dos Cravos, como así se chama, puxo fin á ditadura de António de Oliveira Salazar e restaurou a democracia case 50 anos despois.
DENDE AS XANELAS E OS BALCÓNS
Galicia súmase tamén á conmemoración desta data clave na historia do país veciño mediante varias iniciativas desenvolvidas por parte da Associaçom José Afonso – Galiza (AJA-Galiza). Unha delas propón saír ás 16.00 horas aos nosos balcóns e xanelas para cantar o 'Grândola', igual que farán ás 15.00 horas os portugueses e portuguesas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.