Por E.P. | VIGO | 12/05/2020 | Actualizada ás 17:18
Despois de 5 meses de traballo, o programa para 'startups' Abanca Innova entra na súa fase final, ultimando o lanzamento das probas de concepto do tres proxectos seleccionados (de entre as 19 'startups' presentadas).
As tres empresas emerxentes que chegaron á fase final traballan agora nos últimos detalles das súas propostas, co asesoramento dos expertos da entidade financeira. Trátase dos proxectos MiCappital, HolaLucas e CardDynamics.
MiCappital é unha plataforma dixital que axuda a aforrar e investir aos clientes bancarios, facendo un seguimento diario dos seus investimentos; HolaLucas expón unha nova forma de propiedade da vivenda para os 'millenials', a través dun modelo de aluguer con opción de compra con só o 5 % de entrada e aforrando co aluguer mensual; e CardDynamics é unha plataforma B2B que conecta emisores e comerciantes para manter actualizada a información de pago máis recente dos seus clientes.
O programa para 'startups' Abanca Innova abrirá proximamente unha nova convocatoria para que as empresas emerxentes relacionadas cos sectores fintech, insurtech, regtech ou de ciberseguridade poidan inscribirse e participar. O equipo da entidade está a deseñar esa nova convocatoria, co fin de que se adapte ás circunstancias provocadas pola crise do coronavirus.
As empresas seleccionadas participarán en 'bootcamps' intensivos de formación con expertos de Abanca, poderán utilizar espazos de 'coworking' e usar servizos como Amazon Web Services ou Google Cloud.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.