Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/05/2020 | Actualizada ás 11:56
Con gallo do Día dás Letras Galegas, o 17 de Maio, orquestras e artistas coñecidos do circuíto das verbenas de Galicia uníronse nun programa especial para defender o sector da festa popular galega
O obxectivo principal deste encontro virtual "pedirlle ás autoridades institucionais e sanitarias competentes que se pronuncien o antes posible" sobre este sector: "Se imos poder facer as actuacións das festas de Galicia e de toda España deste próximo verán, en que condicións, etc.”, explicaron os seus promotores, que advirten de que está "en risco serio de desaparecer" o que consideran "un sector dos máis importantes da cultura gallega, as súas festas populares”.
O programa, que levou por título 'Un canto a Galicia xuntos', foi conducido por Lito Garrido e Fátima Pego en directo en Youtube e nel participaron diversas orquestras e artistas, como Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano, Cinema, Os Satélites...
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.