Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2020 | Actualizada ás 19:24
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a reclamar este domingo ao xefe do Goberno central, Pedro Sánchez, a xestión do Ingreso Mínimo Vital (IMV) para Galicia, aínda que ao mesmo tempo pedíalle ao Estado que regule competencias autonómicas como é a situación da Educacion ou do turismo.
Na rolda de prensa tras a xa tradicional videoconferencia de Sánchez cos líderes autonómicos dos domingos, Feijóo mostrou as súas sospeitas do "interese político" que ten a decisión de ceder esta competencia a, polo menos, País Vasco e Navarra tras un pacto do Executivo co PNV. lembrou que a Xunta leva xestionando a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) 29 anos, desde 1991: "E por tanto sabemos a importancia que ten".
Para Feijóo, nesta decisión "só hai dúas opcións": "Que o Goberno central opine que a mellor xestión do Ingreso Mínimo Vital é a centralidade e que a ceda a País Vasco, Navarra e Cataluña por interese político, algo que estaría dentro dunha gran irresponsabilidade política; ou que o Goberno opine que quen mellor xestionan o Ingreso Mínimo Vital somos as comunidades autónomas, como vimos xestionando, no caso de Galicia desde hai 29 anos".
A iso engadiu que as familias que precisan esta renda "non teñen necesidades máis ou menos urxentes en función da cor política" dos gobernos. Ademais, valorou que a Administración galega ten xa "a experiencia na xestión" e os "profesionais públicos" adecuados porque xa xestiona as pensións non contributivas.
IMCOMPATIBILIDADES
A preguntas dos medios, e en vista de que a lexislación sobre a que se asenta a Risga a faga "incompatible coas pensións non contributivas ou con calquera outra prestación de contía igual ou superior", admitiu que hai "unha colisión claramente legal" co Ingreso Mínimo Vital "que habería que valorar no futuro".
Tamén en clave económica, Feijóo volveu a pedir na videoconferencia "coñecer os criterios de repartición" do fondo de 16.000 millóns de euros non reembolsables anunciado fai máis dun mes polo Goberno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.