Conversamos co sociólogo brasileiro Ricardo Antunes, profesor titular de Socioloxía do Traballo na Universidade Estadual de Campinas. Ten criticado o sistema laboral nacido das industrias 4.0. Estima que vivimos unha situación de contrarrevolución pagada polo grande capital, e ve nas plataformas dixitais unha nova modalidade de escravitude, porque considera que a tecnoloxía non foi creada para a humanidade.