O BNG vota na Eurocámara a favor dunha directiva sobre renda mínima para "garantir unha vida digna"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, votou este mércores a favor dunha directiva sobre a renda mínima que "garanta un nivel de vida mínimo e a reinserción dos traballadores que se atopan fóra do mercado laboral".

O informe, aprobado na Eurocámara con 336 votos a favor, 174 en contra e 121 abstencións, tamén busca facer estes programas máis accesibles para todas as persoas ás que van dirixidos.

"Ante os índices de pobreza que temos en España e en Galicia en particular, é lamentable que o PP non defenda profundar en medidas efectivas para paliar a crise nas persoas máis vulnerables", criticou Miranda, en referencia ao voto emitido polos 'populares' en contra de apoiar unha directiva vinculante sobre renda mínima.

Precisamente o grupo no que se integra o BNG na Eurocámara, o dos verdes, pediu en reiteradas ocasións á Comisión Europea que presentase unha iniciativa en forma de directiva co obxectivo de garantir que todas as persoas teñan unha prestación que lles permita unha vida digna, lembrou o BNG nun comunicado.

Ana Miranda na Eurocámara.. BNG
Ana Miranda na Eurocámara.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta