A débeda pública de Galicia sobe a 11.687 millóns no primeiro trimestre

Sobe con respecto ao trimestre anterior en 372 millóns de euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/06/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A débeda pública de Galicia sitúase en 11.687 millóns de euros no terceiro trimestre do ano, o que supón unha baixada ata o 18,1% do PIB (dúas décimas menos que un ano antes). Segundo os datos publicados este luns polo Banco de España, esta cifra total de débeda sobe con respecto ao trimestre anterior en 372 millóns de euros.

Estes 11.687 millóns supón a segunda maior cifra de endebedamento na serie histórica, só superada polos 11.750 millóns de débeda do primeiro trimestre de 2018 en Galicia.

Pola súa banda, a débeda das empresas públicas non incluídas no sector administracións públicas situouse en oito millóns de euros, un máis que no primeiro trimestre de 2019.

Pola súa banda, a Xunta destacou que o Banco de España volve situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España.

En concreto, a Xunta destaca que o cociente de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1% ao peche do primeiro trimestre do ano, un indicador que é seis puntos inferior á media autonómica (24,1%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Madrid e Canarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta