Núñez Feijoo emigrou a Madrid por segunda vez e se damos por acertadas as enquisas encargadas polos medios privados, o expresidente da Xunta será o vindeiro presidente de Goberno do Reino de España, polo que a pregunta é obrigada: como é posible que goce de tan bo cártel o responsable de que Galiza teña aumentado o número de persoas pobres e de ter triplicada a débeda pública da Administración autonómica?
Esa boa fama a leste de Pedrafita é lóxica porque Núñez Feijoo mantén moi bo cartel na propia comunidade e os medios españois limítanse —polo xeral— a repetir a imaxe que proxectan a prensa, as emisoras de radio e a televisión galegas.