Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/01/2018 | Actualizada ás 18:21
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presumiu novamente de xestión. E o fixo, xustamente, cando o seu nome soa para marchar a Madrid. “Galicia volveu cumprir en todo; déficit, débeda pública e pago a proovedores”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Así, destacou que Galicia rematou o 2017 co 0,21% de déficit, caro décimas menos que o sinalado polo Executivo central, que era de 0,6%. “E con estas cifras estimamos que estamos en disposición de cumplir o déficit de 0,4% estipulado para este ano porque nós nos puxemos como límite o 0,3%”, dixo.
De feito, indicou que o seu obxectivo sería non superar o 0,2% de déficit acadado este ano porque suliñou que, por cada décima que se reduce, a Xunta afórralle aos galegos entre 55 e 60 millóns de euros .
Tamén salientou os datos da débeda pública, que este ano foi do 18,5%, seis puntos por debaixo da media española. Neste sentido indicou que desde o 2014, que estaba estabilizada, o pasado ano reduciuse un 0,1%. “O obxectivo é controlala e que non se incremente”, dixo. Por iso, presumiu que no 2008, durante o bipartito, a débeda pública era maior que a media das autonomias, e hoxe é un 6% menos. “Hoxe aforramos 2.000 euros por galego en relación a un español medio en termos de débeda”, indicou.
DÉBEDA PÚBLICA
Con todo, e a preguntas deste medio, Feijóo dixo que non dispuña dos datos de canto era a débeda en 2008 e a de 20017. “Debe andar no entorno dos 10.000 euros”, dixo aínda que matizou que hai que ter en conta o PIB, que non é o mesmo o de hoxe que o de hai nove anos. Exactamente, a débeda pública de Galicia supera esa cifra en máis de 1.000 millóns de euros. É de máis de 11.000 millóns cando no 2008 era de menos de 4.000 millóns. Desde que goberna Feijóo na Xunta as cantidades triplicaronse.
Finalmente, o presidente galego tamén destacou que a Xunta é unha das comunidades que antes paga aos proovedores. Así dixo que a media é de sete días, fronte a media dos 22 días do resto das autonomías.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.