A Xunta di que triplicou a débeda pública desde 2009 para “non tocar servizos públicos esenciais”

Feijóo asegura que o que fixo o seu goberno foi contabilizar o “buraco” que deixara o bipartito de 2.200 millóns de euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/12/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Como é posible que a débeda pública de Galicia pasara dos 3.923 millóns de 2009 aos 11.591 da actualidade? O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, teno claro: “O único que fixemos –desde que el goberna na Xunta-- é transparentar a débeda que tiña  Galicia non contabilizada”. Un “buraco” fiscal, dixo, de 2.200 millóns.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, após o Consello
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, após o Consello

“E senón emitiramos a débeda que emitiramos, automáticamente, tocaría o núcleo dos servicios públicos esenciais; non poderiamos manter os hospitais funcionando, nin as universidades máis baratas e con máis profesores por alumno do Estado”, engadiu.

En todo caso, e a pesar de ter case triplicado a débeda desde que goberna, Núñez Feijóo salientou que, en todo caso, a débeda galega, que se sitúa en máis dun 19% do PIB é un 6% inferior a da media das autonomías.  “A débeda que nós herdamos estaba por riba da media das comunidades autónomas.  E agora está seis puntos por debaixo, en termos de PIB, do conxunto da media española”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por GC. 

Ademais, lembrou que o incremento da débeda galega débese o incremente do débeda pública do Estado. “Se me pregunta porque o Reino de España incrementou a súa débeda pública ata chegar ao 99% do PIB é porque non tiña un 6% de déficit público, senón que tiña un 9%”, dixo en alusión ao anterior goberno de Zapatero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Buitres non

Hai dous problemas. 1: Feijóo non recortou o monstruo das consellerias con miles de postos cheos de personas tocándose as súas partes. 2. Se gobernara a esquerda a débeda aínda sería maior. Podería empezar por pechar a Telegaita.

3 Natasha Rostova delaRestrevas

Pero a culpa non é dela. E dos que a votastes e de nada valen as vosas patéticas escusas. Hoxe, quero traer aquí un nome esquecido. Era un médico, un bo médico galego que contribuíu á Expedición Balmís: Posse Roybanes. Un betanceiro orgullo de Galicia. Mágoa que hoxe o nome de Galicia estea na web polas malas eleccións da "hesquerda nacionalista" galega. http://www.sermosgaliza.gal/articul... Faría un pequeno chiste sobre a relación entre mareantes e gorriños de aluminio... Pero non é un tema para chistes nin bromas. Isto é o que pasa cando se elixe a persoas non cualificadas para representarnos. Se fose do PP quen vos oiría?

1 Portus Marinus

Kollona, as mantidas do BNGuai prefirides PsoEspañol que Mareas de Podemos, pois así sempre hai esperanzas de chupar do chiculate do poder. Nunca fales mal do PsoEspañol: Gal, cal viva, terrorismo de estado, Filesa, financiación ilegal, diñeiro do exterior, portas xiratorias, obediencia ao mercado, Otan, Eres, corrupción, Roldán, BOE, reconversión naval, Paco Vázquez, Caballero, Orozco e Liñares... Por querer, sodes capaces de escoller antes Partido Podre, pois temedes a competencia. Xa se mira, o grande inimigo do BNGuai é as Mareas de Podemos! Que o demo che conserve o olfato Kollona mantida ou famenta!

2 Natasha Rostova delaRestrevas

Por favor, pediríavos a todos que lesedes isto e que, por suposto, despois decidades... Pero creo que, cando menos para poder decidir neste asunto un debe ter certa formación na cuestión e hai moitos médicos que sen lugar a dúbidas vos asesorarían para evitar preguntar algo así e sobre todo para contribuír a estender as campañas dos antivacinas: http://blogs.publico.es/strambotic/...

1 Natasha Rostova delaRestrevas

A culpa é de Puchedemón e de Putin. Por certo anonadiña quedei cando lin esta nova dunha vosa eurodeputada, caros mareates.... https://www.redaccionmedica.com/bis... E unha profunda tristeza me invadiu. Lembrei os nenos e nenas que morrían de sarampelo cando miña nai era pequena, os dous irmanciños de miña madriña mortos de difteria... Os afectados pola polio... E simplemente pensei que si, que non importa as magufadas nas que participedes que vos seguirán a votar porque os medios de Madrí así o queren e xa sabido é que sodes cool... Ou iso é o que vos fan pensar... Pero a conta disto? Que asco moral.