O Concello de Sanxenxo desconforme coa sentenza Rocafort alengando que xa pagou 13 millóns pola expropiación

O alcalde, Telmo Martín, indicou que el e o seu goberno están a traballar en "paliar os efectos desta sentenza" para que esta parcela teña un "rendemento social" con beneficios para os veciños de Sanxenxo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2024 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O goberno local de Sanxenxo, co seu alcalde Telmo Martín á fronte, compareceu este martes ante os medios de comunicación para presentar unha acción reivindicativa coa que visibilizan a súa desconformidade coa sentenza que condena á administración local ao pago de 13 millóns de euros pola expropiación da leira e viarias da familia Rocafort.

"Acatamos a sentenza, pero non a compartimos nin compartiremos nunca porque é consecuencia dun urbanismo especulativo que hoxe, afortunadamente, non sería posible", dixo o rexedor.

Nunha visita á Leira das Cunchas, Telmo Martín xunto ao seu equipo de goberno anunciou que o pasado 23 de outubro o Concello completou ese pago correspondente á expropiación da parcela e o viario, por un custo total, intereses incluídos, de 13 millóns de euros. "Moi lonxe dos 47 millóns que a familia Rocafort reclamaba ao Tribunal Supremo no 2017", sinalou.

Ponse fin así a unha longa batalla xudicial na que o goberno acata o fallo, pero non o comparte. Para explicar a súa postura, o Concello pintou sobre o terreo unhas raias azuis que delimitan a expropiación, xunto a un cartel explicativo para "que se vexa a barbaridade que supón isto".

Telmo Martín manifestou que "unha imaxe vale máis que mil palabras" e tamén "axuda a entender o alcance e o dano causado aos veciños de Sanxenxo", asegurou, mesmo aos propietarios lindeiros deste terreo e viarios.

Ademais da zona verde, cunha superficie de 1.750 metros cadrados, inclúense na expropiación 1.212 metros cadrados de viarios que dan acceso aos edificios que nos anos 70 construíu a familia Rocafort.

Telmo Martín cifrou en 4.300 euros o metro cadrado da expropiación "o prezo que fixou o perito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nin sequera no mercado libre e moito menos por unha expropiación", lamentou.

Por último, o alcalde indicou que o seu goberno están a traballar en "paliar os efectos desta sentenza" para que esta parcela teña un "rendemento social" con beneficios para os veciños de Sanxenxo.

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo (Pontevedra).. EUROPA PRESS - Arquivo
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo (Pontevedra).. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta