A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegura que é a propia lexislación a que obriga aos concellos "a que teñan colectores específicos para a recollida de roupa e para a recollida de aceite de segunda man desde o 1 de xaneiro de 2025".
  comenta   0
O alcalde, Telmo Martín, indicou que el e o seu goberno están a traballar en "paliar os efectos desta sentenza" para que esta parcela teña un "rendemento social" con beneficios para os veciños de Sanxenxo
  comenta   0
Steven Emerman, xeofísico norteamericano, ten estudado proxectos mineiros como Touro e tamén o da Serra do Suido e as posibles consecuencias da súa apertura. A principal preocupación deste científico norteamericano son as pegadas permanentes dos traballos de minaría e tamén como e onde se embalsarán ou gardarán os estériles da mina, os refugallos, os restos, que se non son ben recollidos poden causar problemas como inundacións.
  comenta   0
Isto despois de que antes do verán a Administración galega lles reclamase, nun escrito remitido por correo ordinario, a apertura do inmoble en cumprimento da lexislación tras a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
O Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial (AI Act), tivo presente que era necesario contemplar o "impacto da tecnoloxía e ofrecer transparencia, calidade e seguridade"
  comenta   0
Federico Enguix, director de operacións de vitiDron, considera que "os drons permiten aos viticultores aforrar un montón de tempo, pois zonificando o espazo podemos dicirlle que zonas están ben e pode pasar máis por alto, e cales son nas que se debe concentrar", de tal maneira que "contamínase menos cos tratamentos e realízase menos gasto nos mesmos".
  comenta   0
O mes de agosto concentrou en quince días catro mortes por accidente laboral. Unha concentración de falecementos inusitada para algúns grupos políticos e para a maioría dos sindicatos. Os factores que poden estar detrás desta sinistralidade son variados aínda que case todos apuntan a falta de prevención ou non cumprir coas medidas de seguridade no posto de traballo
  comenta   0
Sobre a cobertura de prazas nesta unidade, a socialista Paloma Castro lembrou que o Goberno central xa trasladou á Xunta que, para iso, "é necesario renovar o convenio para adaptalo á lexislación vixente".
  comenta   0
Segarra Crespo destacou o impulso da redacción da instrución referida ao uso de medios de contención mecánicos ou farmacolóxicos en unidades psiquiátricas ou de saúde mental.
  comenta   0
O comisario de Agricultura da UE, Janusz Wojciechowski, asegurou que as protestas do campo lle serviron para percatarse de que era necesario modificar "unha parte importante da lexislación e simplificar algunhas restricións da política agrícola común".
  comenta   0
Establécese que nas parcelas nas que non se chegue a acordo entre promotora e titulares durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación.
  comenta   0
O conselleiro do Medio Rural, José González: "Non pode ser que se faga en Bruxelas unha lexislación que se aplique igual nos Países Baixos que en rexións como esta".
  comenta   0
Diego Madrado pertence á Asociación Unificada de Guardias Civiles. Logo da morte de dous axentes en Barbate (Andalucía), o representante da AUGC sinala que nin gardas civís nin policías nacionais están tipificados como profesións de risco. Por outra parte, denuncian falta de vontade política que equipare salarios de gardas e policías nacionais con policías autonómicas así como poderen ter xubilacións sen perdas de poder adquisitivo.
  comenta   0
Os agricultores de Europa enfróntanse a unha morea de desafíos que están a afectar gravemente o seu sustento. Moitos pequenos agricultores víronse obrigados a pechar as súas pequenas explotacións por mor da combinación de varios factores que están a prexudicar a súa capacidade para manterse á boia. Mentres que algúns políticos e grandes grupos de presión agrícolas tenden a culpar á lexislación ambiental europea, a verdade é que os problemas reais van moito máis alá.
  comenta   0
Indicou que "sempre" estiveron, están e estarán "en contra de ETA", e puntualizou que desde o BNG cren que "hai que aplicar a mesma lexislación a todo o mundo".
  comenta   0
Os nosos amigos oligarcas están a recuperar e retornando á antiquísima lexislación frumentaria. O seu éxito acumulando riqueza conleva o progresivo empobrecemento da maioría. Téñeno decido e por iso están a anuncialo aos pouquiños. Os oligarcas volven impoñer a Lex Clodia Frumentaria. É certo que outrora como hoxe é o método máis poderoso para frear revoltas e motíns. E como en todas as súas políticas aos nosos amigos oligarcas non lles xera gasto algún.
  comenta   0
A maxistrada Raquel María Naveiro Santos asegura que os xuíces teñen moitos problemas á hora de ditar sentenzar relacionadas con discriminacións laborais por razóns de idade, que afectan maiormente ás persoas maiores. Aquí expón varios exemplos reais.
  comenta   0
As novas normas, que actualizan un 70% dos criterios actuais, introducen así sistemas de localización de buques (SLB) e un rexistro electrónico para garantir o cumprimento da Política Pesqueira Común (PPC).
  comenta   0
O Consello de Ministros aprobou este martes, a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, un real decreto que unifica, a nivel nacional, a normativa sobre identificación, rexistro e rastrexabilidade animal, en liña coa nova lexislación comunitaria.
  comenta   0
Xavier Simón é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Forma parte do equipo que conforma o Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. Falamos con el sobre a actividade do Observatorio e do actual marco lexislativo autonómico sobre a creación de polígonos eólicos.
  comenta   0
Aseguran que "os estándares da industria mineira no Estado español demostraron non estar nin sequera á altura da lexislación existente en países como China, Chile, Brasil, Ecuador ou Perú".
  comenta   0
A recuperación da especie nalgunhas rexións europeas onde estivo "ausente durante moito tempo" está a xerar cada vez máis conflitos coas comunidades agrícolas e cazadores locais", explican os servizos comunitarios.
  comenta   0
A defensora da audiencia da canle pública asegura que nos informativos estatais deben empregar sempre os topónimos en castelán, ignorando a lexislación autonómica
  comenta   3
María Dolores Fernández Galiño foi elixida en 2019 como Valedora do Pobo, unha institución que se ben é coñecida por sectores sociais, partidos políticos e autoridades, a maioría das persoas decoñece o seu funcionamento e en ocasións, moitas das queixas demoran en ser contestadas ou son denegadas en canto transparencia administrativa.
  comenta   1
O Pleno do Parlamento Europeo reclamou á Comisión Europea que aborde as necesidades das comunidades rurais cando prepare lexislación e programas financeiros sobre agricultura ou políticas de cohesión a fin de lograr que estas zonas estean mellor conectadas e sexan máis fortes, resilientes e prósperas.
  comenta   0
Miguel toca a gaita no arco da catedral, entrada á praza do Obradoiro. El descóbrenos algúns aspectos que moitas persoas ignoran das persoas que tocan neste lugar, mesmo composteláns de toda a vida. A súa é unha opción vocacional e de aposta polo que lle gusta. Con el podemos achegarnos e observar algunhas partes daquilo que está agachado detrás destes artistas.
  comenta   0
En ningún deles consta que estean elaborados con sémolas, semolinas ou fariña de trigo, a pesar de que se trata de ingredientes esenciais para poder ser denominado pasta, segundo a lexislación vixente.
  comenta   0
A norma inclúe uns principios xerais aplicables a todo o ámbito audiovisual: a dignidade humana; a protección dos usuarios respecto de contidos que atentan contra a dignidade da muller; a obrigación de transmitir unha imaxe respectuosa e apreciativa das persoas con discapacidade; a promoción do pluralismo lingüístico existente en España; e a veracidade da información
  comenta   0
O traballo de corta no monte é un dos oficios máis perigosos e arriscados, onde os salarios tiveron que adaptarse ás novas subas do SMI e con todo, non compensan os perigos de tallar no monte. Isto fai que apenas haxa traballadores galegos e estes sexan substituídos por romaneses e latinoamericanos motivados por uns salarios máis elevados que os dos seus países de orixe.
  comenta   0