Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/06/2024 | Actualizada ás 20:05
A fiscal de Sala do Tribunal Supremo María José Segarra manifestou que a dignidade e a autonomía das persoas con discapacdiad está "protexida" na actual lexislación civil e procesual. Fíxoo na conferencia impartida na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e na que a coordinadora dos servizos de atención ás persoas con discapacidade e maiores do alto tribunal destacou os avances en salvagardar ás persoas residentes en centros psiquiátricos, residenciais e sociosanitarios no uso de medios de contención mecánicos ou farmacolóxicos e de determinadas prácticas de inmovilización.
A relatora foi presentada polo presidente da institución académica galega, o maxistrado do Supremo José Luís Seoane Spiegelberg, con presenza tamén do fiscal xeral do Estado, Alvaro García Ortiz. Na súa intervención, Segarra Crespo destacou o impulso da redacción da instrución referida ao uso de medios de contención mecánicos ou farmacolóxicos en unidades psiquiátricas ou de saúde mental, centros residenciais e/ou sociosanitarios de persoas maiores ou discapacitadas. "Un importante texto orientado a salvagardar a autonomía e dignidade das persoas residentes nestes centros en relación con determinadas prácticas de inmovilización", expuxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.