O BNG reclama colaboración ao Goberno central para a cesión de terreos e "abrir" Marín ao mar

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2025 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O BNG presentou no Congreso unha serie de iniciativas encamiñadas a lograr a apertura de Marín ao mar, "facilitando a cesión de terreos pertencentes ao Ministerio de Transportes e ao de Defensa ao Concello de Marín para o seu uso público". O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego demandou o apoio para o que cualifica como un "ambicioso proxecto municipal que busca a mellora da calidade de vida dos veciños de Marín e a dotación de máis espazos públicos para a vila".

A proposta reclama ao Goberno central iniciar a tramitación dos expedientes necesarios para a cesión gratuíta e permanente de terreos da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra e da Escola Naval Militar". "Para destinalos a zonas verdes, espazos de esparexemento e actividades náuticas e deportivas", sostén a formación que incide en que se trata dunha necesidade de acabar con "un peche urbano que impide o acceso directo dos veciños ao litoral da vila".

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego en Marín
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego en Marín | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta