Sérvelle a Feijóo o argumento de que é un gran xestor?

Rueda destaca que, aínda que a débeda pública case se triplicou desde que o PP goberna en Galicia, o obxectivo é mantela por debaixo da media do conxunto das autonomías.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

“Galicia é a Comunidade Autónoma menos endebedada de España”. Así respondía o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante o gran aumento da débeda pública galega no primeiro trimestre do ano (case un 7%) con respecto a 2016, segundo os datos do Banco de España.

Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta
Feijóo na rolda de prensa do Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

En 2009, cando o PPdeG de Alberto Núñez Feijóo chegou á Xunta, a débeda pública galega estaba en 4.859 millóns de euros. O dato actual case multiplica por 2,5 aquel (un aumento do 138,4%) e é de 11.582 millóns. Nese ano era o 8,6% do PIB, fronte ao 19,8% actual.

Seguimos estando por debaixo da medias das autonomías máis endebedadas”, insistíu Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así, xustificou o gran crecemento do primeiro trimestre “porque non se ten en conta o mes de abril, que foi un dos periodos de amortización da débeda”, sinalou. En todo caso, suliñou que o obxectivo do Goberno galego é “seguir reduncido a débeda e mantela por debaixo da media do Estado”.

Un dos principais argumentos dos populares cando accedeu Mariano Rajoy ao Goberno español foi criticar a “crecente débeda” que deixara o anterior goberno socialista de Zapatero. Un argumento que siguen esgrimindo seis anos despois. Tamén o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, presume sempre de ser un gran xestor e de controlar o déficit público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta