A débeda pública galega segue crecendo, até os 10.854 millóns de euros

Supón un incremento do 4,62% en relación ao termo de 2015.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2017 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A débeda pública galega pechou 2016 en 10.854 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,62% en relación ao termo de 2015 (cando eran 10.375) e un 2,16% máis respecto ao terceiro trimestre (10.624 millóns).

Cartos
Cartos | Fonte: Europa Press.

Segundo os datos que publica este venres o Banco de España, a débeda de Galicia diminúe ao 18,5% do PIB (era do 18,7% no trimestre anterior e do 18,6% un ano antes), fronte ao 22,9% da media de todas as autonomías.

Con todo, a débeda pública galega mantense moi lonxe dos mínimos históricos dos anos 2006, 2007 e 2008, cando se mantivo por debaixo do 7% do PIB.

Esta é a quinta vez que a débeda pública de Galicia supera os 10.000 millóns de euros.

A nivel estatal, a débeda do conxunto das administracións públicas pechou o ano 2016 no 99,4% do PIB, catro décimas menos que en 2015, en liña co obxectivo pactado con Bruxelas, ao situarse en 1,107 billóns de euros.

A débeda pública segundo o protocolo de déficit excesivo (PDE), que este venres se envía á Comisión Europea no ámbito da notificación do PDE de primavera, alcanzou a finais de decembro de 2016 un saldo de 1,107 billóns de euros, o que supón un 0,1% menos ao baixar en 1.441 millóns de euros respecto ao trimestre anterior, pero un aumento do 3% respecto ao peche de 2015, ao elevarse en 33.058 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 frijol o aforrador

... as contas que nos contan resultaron ser os contos que nos contaron... que sinvergonza e o frijoles