Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2019 | Actualizada ás 13:49
A débeda pública de Galicia sitúase en 11.426 millóns de euros no terceiro trimestre deste ano (cinco millóns menos que un ano antes), o que supón unha baixada ata o 17,8% do PIB (seis décimas menos que un ano antes).
Segundo os datos publicados este venres polo Banco de España, esta cifra total de débeda rebáixase tamén respecto ao trimestre anterior, pois son 259 millóns menos.
Aínda que a cifra global da débeda galega supón a sexta maior da serie histórica, o cociente respecto ao PIB baixa do 18%, algo que non pasaba desde 2013.
Pola súa banda, a débeda das empresas públicas non incluídas no sector administracións públicas situouse en sete millóns de euros no terceiro trimestre en Galicia, a mesma cifra que un ano antes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.