Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2021 | Actualizada ás 22:04
O Debate de Autonomía do Parlamento de Galicia está a deixar un tremor informativo que se sente tamén nas redes sociais. Ao longo da mañá, diversos internautas veñen de deixar os seus apuntamentos sobre un dos plenos máis importantes do 2021, destacando "promesas incumpridas", a evolución das contas públicas de Galicia ou pequenos detalles como a lembranza ao falecido conselleiro de Facenda.
Lembranza a Valeriano Martínez, que faleceu hai días, no seu escano no Debate sobre o Estado de Autonomía que vai comezar nuns minutos. pic.twitter.com/lB7nf9R7Zm
— Daniel Domínguez (@alikense) October 13, 2021
Houbo quen denunciou a progresiva perda de conciencia nacional no debate, ou a escasa atención que se estaba a prestar por parte dos medios estatais.
1990
— Carlos Vieito 💙 (@comumola) October 13, 2021
👉 Debate da Nación
2021
👉 Debate do Estado da Autonomía
2030
👉 Debate de la Región
Diferencia entre Cataluña y Galicia:
— l3x1um. El nombre es lo de menos. (@l3x1um) October 13, 2021
Cuando es el debate del estado de autonomía catalán, es foco de todos los medios.
Cuando es el debate de estado de la autonomía gallego.... Si, es hoy, lo sabiais?
En conxunto, a maior parte de intervencións xiraron arredor da xestión de Núñez Feijóo, apreciada negativamente polos tuiteiros que se pronunciaron.
Vendo o debate sobre o Estado da Autonomía galega, non sei se dan ganas de rir ou de chorar.
— Serxio María 🇪🇺 (@SerxioMaria) October 13, 2021
Os logros do executivo galego resúmense en: Facer da Xunta unha macrodeputación tetraprovincial que da traballo a un corpo funcionarial e aos coleguitas do PP "regional"
Non faltou quen afeou a evolución da débeda da administración autonómica galega, unha circunstancia que, a ollos deste tuiteiro, foi omitida polo presidente da Xunta.
Feijóo no debate do estado da autonomía/nación no @Par_Gal falando de parábolas cando sempre omite esto. pic.twitter.com/jKxRG0lcNl
— Eu Son (@tintobarrantes_) October 13, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.