Rueda destaca que a "boa xestión" do Executivo permite "baixar impostos e manter a calidade dos servizos"

Subliña que Galicia cumpriu os obxectivos de déficit e de débeda pública recollido no seu orzamento

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou a Conta Xeral da Comunidade Autónoma do exercicio 2021, que demostra "a boa xestión" do Executivo autonómico, o que permite "baixar impostos e manter a calidade dos servizos".

Na rolda de prensa deste xoves, posterior á reunión semanal do Consello, Rueda destacou que Galicia cumpriu os obxectivos de déficit e de débeda pública recollido no seu orzamento, "a pesar da situación excepcional derivada da pandemia". Así, informan de que o Goberno galego pechou o exercicio cun déficit do 0,15% do PIB, "moi por baixo do 1% como máximo fixado", e cunha taxa de endebedamento do 18,5%.

"Galicia segue sendo das comunidades que tarda menos en pagar aos provedores" remarcou, tras o que engadiu que a Comunidade galega foi "líder en investimentos no 2021, con case o dobre de gasto" que a media autonómica.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, presentou este xoves ante o Consello a conta xeral na que, tal e como recollen nun comunicado, "Galicia cumpre co obxectivo fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para todas as administracións autonómicas".

Respecto ao pago de provedores, en 2021 o período medio de pago de Galicia foi de 15 días, fronte aos 25 de media das comunidades autónomas. "Desta forma, a Xunta de Galicia, un exercicio máis, é capaz de compatibilizar altos niveis de execución, con grandes esforzos investidores e un áxil pago aos provedores", insisten.

O documento mostra tamén que durante o pasado ano a Administración autonómica conseguiu unha execución do orzamento consolidado de gasto do 95,2%, un indicador do 105,8 % en elgasto corrente --que engloba todo o gasto social da Administración galega, especialmente o gasto sanitario, educativo e no campo dos servizos sociais--.

A Conta Xeral de 2021 tamén reflicte que Galicia alcanzou un aforro bruto de 864 millóns de euros, "que permitiu incrementar o grao de investimentos da Comunidade Autónoma sen recorrer ao endebedamento".

Doutra banda, aseguran que Galicia tamén foi líder en investimentos. Segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda, Galicia foi o pasado ano a comunidade con maior esforzo investidor --un 21,6 % do gasto non financeiro--, fronte ao 11,6 % de media autonómico. A Xunta de Galicia remitirá agora a Conta Xeral ao Parlamento e ao Consello de Contas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece tras o Consello.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta