A Marea Galeguista sente que será unha forza "decisiva" para un novo goberno despois das eleccións galegas

Maréaa Galeguista reivindicouse este domingo como "decisiva" para a conformación en Galicia dun goberno "de transición a unha nova normalidade máis xusta e sustentable" tras as eleccións autonómicas convocadas para o 12 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Marea Galeguista reivindicouse este domingo como "decisiva" para a conformación en Galicia dun goberno "de transición a unha nova normalidade máis xusta e sustentable" tras as eleccións autonómicas convocadas para o 12 de xullo.

Na presentación da candidatura de Marea Galeguista, o aspirante á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, destacou que pretenden interpelar "a todas as galegas e galegos" para a "reconstrución do país".

Casal, que concorre como número uno pola provincia da Coruña, chamou á participación na cita coas urnas e asegurou que a Marea Galeguista vai loitar " ata a extenuación pola defensa do traballo digno e de calidade, así como pola xustiza fiscal". O máis importante, manifestou, "son as persoas" e "a protección das súas vidas".

No acto interviñeron tamén as cabezas de lista polo resto de provincias e o número dous pola Coruña, María Chao, quen resaltou a vontade de "unir forzas nun proxecto nacional galego, aberto e inclusivo" que canalice politicamente "a vontade cidadá de empregar as institucións para mellorar as condicións de vida".

O candidato que abre a lista de Lugo, Iván R. Lombardero, centrouse no medio ambiente e "a imperiosa necesidade" de traballar en "un horizonte verde" en que a sustentabilidade sexa "un obxectivo político" para construír o futuro.

O posto de saída en Ourense ocúpao Milagros Curral, que se referiu aos galegos que tiveron que emigrar "por non atopar as condicións de posibilidade en Galicia que lles permitisen vivir dignamente". Por iso, A Marea Galeguista ten entre os seus obxectivos tomar medidas crear oportunidades e garantir servizos públicos de proximidade.

Por Pontevedra, Peque González, reivindicou a loita das feministas galegas. "Si, nós tamén saímos á rúa o 8 de marzo", afirmou e destacou que os coidados "recaeron de novo sobre as mulleres" durante a pandemia.

Pancho Casal, candidato de Marea Galeguista  - Arquivo
Pancho Casal, candidato de Marea Galeguista - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Mercedes Vázquez

Vaia cagada a Marea, a candidata de Ourense ex-candidata de Cs e amiguita de Albert Rivera.....deixade de insultar e enganar ao electorado xa dunha vez

1 Sentidiño

A señora Corral Surribas foi candidata ás xerais por CiudadanOs en 2015 e secretaria local de Compromiso por Galicia de Amoeiro en 2017 (despois candidata a alcaldesa). A incoherencia é dela e de CxG, non da Marea Galeguista, que é unha coalición. Iso si: o "galeguismo moderado" que algunha xente defende queda ben retratado. O galeguismo moderado, cando menos en Ourense, é dos caciques e mafiosos da deputación.

2 Centroeuropeo

A que galego pode amolar a existencia dunha alternativa galeguista? Soamente a un sectario, inseguro da capacidade do partido que el apoia para atraer e/ou reter os votantes. Aprendan da dirixencia do BNG, que aínda nin chiou.

1 Alienao

Forza decisiva pra terminar de cagala, sen dúbida.

1 Un pouco farto

Non como o Psoe ou Unidas Podemos que sempre defenden os intereses galegos e cagan flores.