Marea Galeguista pide a Goberno e Xunta que interveñan no capital de Alu Ibérica para evitar o seu peche

Pancho Casal pregúntase "como unha empresa con 70.000 euros de capital, once empregados e uns resultados de 188.000 euros pode comprar Alcoa".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/06/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O candidato de Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, instou a Xunta e Goberno central a intervir no capital de Alu Ibérica, antiga planta de Alcoa na Coruña, para evitar o seu peche e salvar os postos de traballo da factoría.

O candidato á Presidencia da Xunta de Marea Galeguista, Pancho Casal
O candidato á Presidencia da Xunta de Marea Galeguista, Pancho Casal | Fonte: Europa Press

Así o dixo Casal antes de participar nunha reunión co comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña. "Algo segue cheirando moi mal na venda da antiga Alcoa ao Grupo Riesgo", manifestou o candidato da coalición, que cre que o fondo Parter "tomou o pelo" ao Ministerio e a Consellería de Industria.

Casal preguntouse "como unha empresa con 70.000 euros de capital, once empregados e uns resultados de 188.000 euros pode comprar Alcoa". Neste punto, Marea Galeguista comprométese a, se é "decisiva" tras as eleccións, prohibir "a venda a terceiros alleos á UE de industrias estratéxicas como a do aluminio".

Así, manifestou a necesidade de que o Goberno blinde que empresas como Grupo Riesgo "sexa unha mera ponte a outra venda de risco".

"Aínda que sexa por dignidade gobernamental do Estado e da Xunta, é indignante que non fagan nada", incidiu Casal, que insiste en que a Xunta e o Principado de Asturias "tomen a propiedade do capital" da emprea "de forma transitoria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta