Por Europa Press / Redacción | Madrid | 14/07/2020 | Actualizada ás 15:05
A Sociedad Española de Medicina de Laboratorio (SEQCML) ha nunciado que o Programa Interreg Atlantic Area da Unión Europea, que abarca distintos proxectos de cooperación transnacional entre países e rexións europeas do ámbito atlántico, seleccionou o Estudo Galiat -sobre os efectos da dieta atlántica-, como modelo de xestión innovadora '4H' ou 'de catro hélices'.
A inclusión deste estudo no marco do modelo 4H implica que o programa europeo considera o Estudo Galiat como un ecosistema de innovación aberto e centrado no usuario, baseado na co-creación e co-aprendizaxe e integrando procesos de investigación, de mellora da saúde, e innovación en comunidades e contornas da vida real.
O Estudo Galiat forma parte do Proxecto Galiat 6+7, unha alianza público-privada entre seis empresas de alimentación galegas e sete organismos públicos de investigación para abordar o estudo de recursos agroalimentarios e mariños do noroeste de España e os seus efectos sobre a saúde.
A idea orixinal partiu do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, quen xestionou con éxito durante máis de 50 meses a coordinación científica entre grupos de investigación e empresas. O proxecto contou coa contribución financeira do programa Feder-Innterconecta da Unión Europea.
O Estudo Galiat, un ensaio clínico de intervención nutricional, controlado e aleatorizado, deseñado para avaliar os efectos da dieta atlántica en 250 familias, xa foi galardoado con varios premios. O equipo investigador estivo coordinado pola doutora Mar Calvo, do Servizo de Análises Clínicas do Hospital Clínico Universitario de Santiago, e membro do Comité de Comunicación da SEQC ML, para quen este é un recoñecemento moi importante, "xa que se seleccionaron tan só oito proxectos europeos realizados durante o período 2014-2020".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.