Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 10:57
Segundo informa Meteogalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, as altas presións traerán de novo a Galicia aire cálido procedente do sur da Península Ibérica, polo que se rexistrarán de novo temperaturas elevadas no sur da comunidade.
Antes, este mércores, 15 de xullo, está activada a alerta amarela por vento do nordés no mar, de forza sete, na zona da Costa da Morte, que soprará a partir das 12:00 horas e repetirase durante a tarde do xoves.
Tamén o xoves estará activa a alerta amarela por temperaturas superiores aos 34 graos na área litoral de Pontevedra e na zona de Baixo Miño, na mesma provincia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.