Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 17:49
O presidente da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga), Manuel Pérez Arias, recomenda reclamar "canto antes" por vía xudicial os gastos abusivos de hipotecas tras a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE (TUE) que ditamina que os bancos deben devolver aos seus clientes todo o cobrado de forma indebida.
Segundo explica a entidade nun comunicado, os afectados poderán recuperar os gastos de notaría, rexistro e xestoría, así como, "na maior parte dos casos, conseguirse a devolución da comisión de apertura".
Pola súa banda, o secretario xeral de Acouga, o avogado Xoán Antón Pérez- Lema, subliña a "gran importancia" dunha sentenza que permitirá recuperar a miles de consumidores recuperar "o cento por cento" destes gastos.
Ademais, Pérez-Lema sinala que se garante o acceso efectivo de todos os consumidores á xustiza. "Aínda que non se nos conceda a devolución de todos os gastos que pedimos na demanda, o tribunal terá que condenar ao banco ao pago de custos procesuales", explica.
En canto á prescrición para demandar a devolución dos gastos, o avogado considera que o prazo de cinco anos que prevé a lexislación española "tería que empezar a contarse desde a data na que o xuíz declare a nulidade" da cláusula abusiva.
A XUSTIZA EUROPEA CORRIXE AO SUPREMO
Así mesmo, valora que, unha vez máis, a xustiza europea desautoriza e corrixe "a liña do Tribunal Supremo en favor da banca". A este respecto, lembra que en novembro de 2018 o Supremo cargou o pago do imposto de actos xurídicos documentais aos consumidores, "unha auténtica chapuza ao bordo da prevaricación".
Ademais, Acouga mantén actualmente dilixencias preliminares pendentes de resolver no xulgado do mercantil número dous da Coruña correspondentes a unha demanda colectiva por reclamación de gastos de hipotecas contra Abanca, Banco Santander, Sabadell, Caixa Rural Galega e Caixabank.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.