Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2020 | Actualizada ás 18:00
Salvemos Cabana advertiu de que a celebración de concertos no pavillón do dolmen de Dombate pon en risco a conservación das pinturas neolíticas do complexo e considerou "cuestionable" a actitude do alcalde e a "permisividade" do servizo de patrimonio da Deputación da Coruña.
Nun comunicado remitido este sábado considerou que a iniciativa de facer concertos con público nese recinto é "máis rechamante" polos rebrotes de COVID-19 que se están rexistrando.
A asociación manifestou a súa preocupación polas pinturas neolíticas, que son "moi sensibles aos cambios ambientais". Ademais, cuestionou que o recinto sexa "o máis apropiado para a conservación" dos bens porque "non permite unha climatización adecuada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.