Nace o distintivo de Bandeira Verde de Galicia para recoñecer o traballo de municipios polo medio ambiente

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/07/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A Xunta creará o distintivo de Bandeira Verde de Galicia para recoñecer o traballo de municipios pola protección da paisaxe e o medio ambiente.

Consello da Xunta
Consello da Xunta | Fonte: Xunta de Galicia.

Este xoves o Consello da Xunta coñeceu o informe polo que a Consellería de Medio Ambiente crea e convoca a primeira edición desta nova marca.

Algunhas das cuestións a valorar serán a redución das emisións de dióxido de carbono, a limpeza de xardíns e espazos naturais, a rebaixa de consumo enerxético, a educación ambiental e a correcta xestión do lixo, entre outros.

A orde coa convocatoria publicarase este verán, con 40 días de prazo para presentar solicitudes, e entregaranse tantas bandeiras como concellos cumpran os requisitos.

De tal forma, prevese que o procedemento quede resolto antes de que termine o ano e en 2020 póidanse coñecer os primeiros municipios merecedores destas bandeiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Miñoca

Unha proposta gustaríame qué lle diran o premio ao Concello de Touro.Non Temos praias pero hai unhas balsas con bacterias extremófilos que deixancí o corpiño niquelado