Por E.P. | MADRID | 05/08/2020 | Actualizada ás 16:55
O Deportivo da Coruña confirmou que este xoves o seu persoal debe acudir á súa cidade deportiva en Abegondo ás 10,00 horas pasar as probas médicas PCR establecidas no protocolo de LaLiga antes de cada partido.
O conxunto galego e o madrileño xogarán este venres ás 20.00 horas no Estadio ABANCA-Riazor o partido que se aprazou o pasado 20 de xullo. O adiamento produciuse tras detectar varios positivos por coronavirus en membros da expedición do equipo fuenlabreño e correspondente á última xornada de LaLiga SmartBank.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.