Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2020 | Actualizada ás 09:00
O festival Resis de música contemporánea e artes relacionadas afronta a recta final da súa terceira edición cunha última proposta: a vídeo-instalación colectiva Poéticas Pendulares, que estará aberta ao público na fundación Luis Seoane do 6 ao 25 de agosto.
A video-instalación xira ao redor da relación entre a arte coreográfica e a poesía a través da visión de cinco artistas: Verónica Vicente, Xurxo Gómez-Chao, Gosia Trebacz, Luz Arcas e Yoann Bourgeois, que estrea dentro deste contexto expositivo en España "Les grands fantômes".
Nesta terceira edición, o festival celebrouse nas instalacións da fundación Luis Seoane, con todas as entradas esgotadas aos poucos días de poñerse ao dispor do público e cunha redución de capacidade nos espazos importante con respecto ás anteriores edicións debido ás medidas de precaución motivadas pola Covid-19.
Por mor da crise da Covid-19, a organización do festival decidiu incorporar a emisión en streaming de todos os concertos do programa de Resis. Unha decisión que se traduciu en numerosas persoas conectadas en cada directo e centos de visualizacións posteriores que amplificaron o alcance e o público do festival coruñés.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.