Médicos de Primaria de Galicia critican a externalización do servizo de rastreadores da Covid-19

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) di que "o problema é que son xente contratada fóra do sistema" e que hai ausencia de coordinación e información.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/08/2020 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) critica a ausencia de coordinación dos médicos de familia cos rastreadores contratados polo Sergas para rastrexar casos de COVID-19 en Galicia e información bidireccional entre ambos os colectivos.

Traslado dun paciente de Covid-19
Traslado dun paciente de Covid-19 | Fonte: Europa Press.

O portavoz de Agamfec, Jesús Sueiro, insistiu en que "o problema é que son xente contratada fóra do sistema". "Non temos practicamente coñecemento do que fan, nin do protocolo que usan, nin dos resultados do que fan", lamentou.

Por iso, insistiu en que a médicos de Primaria non lles "gusta a idea" de ter este servizo externalizado por "ser unha cousa tan importante como o rastrexo de contactos" de casos de COVID positivos. "Deben estar (os rastreadores) coordinados cos médicos", abundou.

"Non hai coordinación. Non sabemos a que se dedican", lamentou Sueiro por parte de Agamfec. "Supoño que farán o seu traballo ben", apostilou. "Non existe ningún tipo de información deles a nós e de nós a eles", matizou.

Neste sentido, explicou que os médicos de familia en Galicia realizan o seguimento dos seus pacientes positivos de COVID-19, mentres que os rastreadores encárganse dos contactos. "Non sabemos (estes) se dan positivo ou non ou o tipo de control", abundou.

Para Sueiro "o lóxico" é que o control destas persoas o faga "Saúde Pública", departamento que para Agamfec "tivo protagonismo escaso na pandemia". "O lóxico é que liderase este tipo de tarefas", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Dr Bacterio

Non quererán facer eles o rastrexo, mellor que atendan presencialmente aos seus pacientes en troques de mandalos aos PACs

1 Faro

O que tería que facer a Xunta de Feijóo é contratar rastreadores, dentro do Sistema Público, e traballando en coordinación c@s médic@s de Primaria, como fan, por certo, noutras Comunidades. Non facer contratos con empresas privadas. Pero isto é o que lle gusta ao PP de Feijóo...

2 Begoña

No querrán hacer el rastreo o querrá el PP pagarles a sus amigotes por un trabajo muy mal hecho pero "controlado" politicamente? Dos pájaros de un tiro: pastelito para sus amiguitos y control politico...