Tensión nos Peares trala retirada da pancarta antifeijóo por orde do concello da Peroxa

A plataforma responsable denuncia que a pancarta foi retirada "baixo ameaza de multas de 1.000€" logo das presións de veciños afíns ó PP e coincidindo coa visita dun cargo da Xunta. O cartel apareceu cunha mancha de pintura.

Por Iago Codesido | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Novo episodio de tensión nos Peares a razón das pancartas en favor e en contra de Alberto Núñez Feijóo. O último conflito desta pequena poboación a cabalo de dúas provincias vén dado pola retirada definitiva da pancarta crítica co político popular, que a asociación A Voz dos Peares colocara no pobo en vésperas da campaña electoral do 12X.

Pancarta contra Feijóo nos Peares trala retirada por parte de operarios do Concello da Peroxa
Pancarta contra Feijóo nos Peares trala retirada por parte de operarios do Concello da Peroxa | Fonte: A Voz dos Peares

Segundo informan dende a plataforma, a baixada da pancarta tivo lugar de acordo con ordes do Concello da Peroxa, unha circunstancia que vén de ser confirmada polo rexedor da poboación, Manuel Seoane (PP). Segundo destacan dende A Voz dos Peares, fontes próximas á plataforma accederon á retirada logo de ser advertidos de que a disposición da pancarta sen os permisos necesarios podería carrexar multas "de ata 1.000€".

Por riba, dende a plataforma destacan que a retirada da pancarta foi precedida por presións continuadas "das familias afíns ó PP", unhas esixencias que finalmente terían cristalizado da man dos operarios do Concello da Peroxa, xa que o alcalde recoñece a existencia de "denuncias dos veciños" para sacar o cartel. 

Aínda que na plataforma prefiren non entrar ao fondo da cuestión legal -"teremos que estudalo", apuntan- critican que o alcalde decidira baixar o cartel "por presións dos veciños". "Debería guiarse pola lei e non por presións caciquís", ponderan fontes da asociación, que critican ó rexedor 'popular' por "actuar conforme á súa liña ideolóxica".

"AGRESIÓNS" Á PANCARTA

Por riba, a plataforma veciñal denuncia que a pancarta amenceu "vítima das agresións e o fanatismo" dalgúns veciños do pobo, que terían verquido pintura sobre a superficie do cartel. "Cando nola entregaron estaba dobrada para que non o puidésemos ver", destacan. Fronte a esta situación, dende a plataforma aseguran que esta nova "agresión" "aínda nos dá máis forzas para seguir na loita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Amancio

Se isto acontecese nos concellos natais de Urkullu ou Torra estaria unha semana nos informativos estatais. Como é o de Feijóo pois informa Galicia Confidencial e pouco máis. Para o nacionalismo español somos cidadáns de segunda.

1 Ruio

Afortunadamente para los gallegos en Galicia se vive mucho mejor que en las Provincias Vascongadas o Cataluña. Aquí no se pegan tiros en la nuca por pensar distinto ni se exige el 3%. Pero si alguno le mola vivir a las órdenes de Otegui o Torrá puede irse cuando quiera. El pueblo gallego acaba de hablar muy claro sobre sus preferencias políticas

2 Sentidiño

Si, vívese nunha miseria moito mellor, porque non hai posibilidade de modernizar a sociedade, ao contrario que en Euskalherria ou Catalunya. Isto parécese máis a Sicilia, pola a CousaNosa do narcopresidente, con Terito e Marcial Dorado, con Miñanco de protector do pp, con alcaldes narcopepeiros coma no Grobe, con concelleiros de urbanismo destrutores da terra, coa princesa Corina movendo infectados dunha residencia a outra nas cámaras da tvg, coa omertà da prensa, coa sanidade pública á venda para os amigos, coa banca galega regalada por 1 euro, cos asteleiros cedidos á mafia mexicana, coa escola que separa os nenos das nenas pagada con cartos de todas,... Temos un 42% de caladiños, os máis deles vellos. Os demais somos o 58%: só é cuestión de tempo.

3 Amancio

Claro que se vive mellor. Só hai que ver a pila de vascos e cataláns que emigraron para Galicia. En cambio en Euskadi e en Cataluña non hai o primeiro galego.

4 Violeta 4

En realidad lo más parecido a Sicilia que hay en Europa es Cataluña, donde la familia Pujol robó durante décadas cientos de millones de euros en todo tipo de actividades fraudulentas. https://www.elplural.com/autonomias...

5 Amancio

E pese a todo o alegado latrocinio dos Pujol hai miles de galegos en Cataluña. É a mesma razón pola cal, Violeta, continúas sentíndote española pese ao alegado e similar latrocinio por parte do Rei Emérito

2 Luz del Norte

A frustrada presidenta segue sen dixerir o seu fracaso

1 Alienao

Fanatismo de pancarta.. calquera día agreden aos chourizos da bodega e culpan á panceta de ser víctima do touciño.

1 Tano

Entendeches algo ou vas fumado?

2 Alienao

Elixo a C: As dúas anteriores son incorrectas!

3 Alienao

Eí tes a pancarta do 12 de xullo https://www.google.com/amp/s/www.la...