Morre un mozo ao chocar co seu quad contra un escaparate na Illa de Arousa

Por Europa Press / Redacción | Arousa | 09/08/2020 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Un mozo faleceu na madrugada deste domingo na Illa de Arousa (Pontevedra) tras saírse da vía co quad que conducía e estrelarse contra un escaparate no número 58 da rúa Castelao, informou o 112.

Lugar do accidente.
Lugar do accidente.

Os equipos de intervención que acudiron a auxiliar ao home accidentado indicaron ao 112 que sufriu múltiples lesións debido ao impacto. Varios particulares chamaron tamén aos servizos de emerxencias ao redor das 4,00 horas deste domingo para pedir asistencia.

Os feitos puxéronse en coñecemento dos profesionais do 061, que só puideron confirmar a morte desta persoa no mesmo lugar dos feitos. Tamén se deu aviso aos bombeiros do Salnés, a Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Cambados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta