Por Europa Press / Redacción | Ourense | 10/08/2020 | Actualizada ás 20:25
O incendio sen control no parque natural do Xurés, no municipio de Lobios (Ourense) --parroquia de Manín-- ascende xa a 420 hectáreas. O lume comezou ás 8,00 horas do sábado tras entrar desde Portugal e na súa extinción produciuse un accidente de hidroavión co piloto falecido e o copiloto ferido.
Segundo informa a Consellería de Medio Rural no seu último boletín das 20,00 horas deste luns, nas tarefas de extinción traballaron de forma acumulada nove avións, 11 helicópteros, efectivos da UME, 24 motobombas, 51 brigadas, 18 axentes, dúas pas e un técnico.
Pola súa banda, o parque natural do Xurés rexistra o seu sétimo incendio desde o pasado xoves. O último deles comezou de novo na parroquia de Requiás --é o quinto nesta parroquia--, no Concello de Muíños. Comezou ás 13,40 e extinguiuse ás 15,45 tras arde 0,05 hectáreas de monte raso.
Outro dos incendios do Xurés, no municipio de Muíños --parroquia de Requiás-- está controlado desde as 10,09 horas despois de iniciarse de madrugada e afectar unha hectárea de monte raso.
Ademais, outro lume en Requiás está controlado desde a noite do domingo despois de iniciarse o venres. Afecta a unhas 50 hectáreas.
Tamén seguen controlados incendios nos municipios ourensáns de Toén --parroquia de Moreiras-- e Chandrexa de Queixa --Requeixo--, que queiman 250 e 25 hectáreas respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.