Volve a 15ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Debido a súa cancelación en marzo, a Mostra volve en agosto cunha programación diferente adaptada ás normas de seguridade por mor COVID-19.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2020 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Volve a 15ª edición da MICE do Museo do Pobo Galego volve con novas datas de celebración, do 25 ao 29 de agosto en Santiago de Compostela despois de que a pandemia da COVID-19 forzara a súa suspensión poucos días antes do estado de alarma.

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.
Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. | Fonte: MICE

A Mostra volve cunha fórmula mixta en aras dunha maior seguridade, na que as actividades se realizarán combinando un formato presencial e en liña.

A partir deste venres 14 de agosto, poderase consultar na web da MICE a programación total desta 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. A información para a retirada de entradas e o aforo dos espazos estarán dispoñibles a partir do lunes 17 de agosto.

CINEMA EN BONAVAL

Como novidade, a mostra incorpora o cinema ao aire libre, que aproveita as datas para gozar de filmes no Parque de Bonaval, no que se poderá ver Xoves de comadres de Noemí Chantada ou Las cinéphilas da arxentina María Álvarez.

Esta sección, que estará formada por cinco filmes en tres sesións, reúne as liñas temáticas da oralidade e a memoria histórica das mulleres. 

Dentro destas proxeccións, destaca a estrea o xoves 27 de agosto ás 22:00 do documental Dorothé na vila, proxecto de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, con Lucía Estévez na edición, que recibiu o Premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña. A película segue os pasos, corenta anos despois, da musicóloga suíza Dorothé Schubarth na súa viaxe por Galicia a finais dos 70, cando procuraba cantos antigos que desapareceran no centro de Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta