Rafa Cortés escribe e dirixe unha comedia dramática que mostra como o destino e a xente que forma parte del interactúan e afectan e inflúen de maneira intermitente.
  comenta   0
O galardón pretende salientar a traxectoria de profesionais das artes escénicas galegas co recoñecemento de figuras imprecindibles deste sector.
  comenta   0
Por Santiago pasarán, entre outros, o gañador dos Grammys ao mellor álbum de blues contemporáneo, Fantastic Negrito; os canadenses The Sheepdogs, que abren en Compostela a súa xira europea; e a californiana Shannon & The Clams. O festival celebrarase do 31 de outubro ao 23 de novembro.
  comenta   0
Este ano chega á súa oitava edición e terá lugar do 18 ao 20 de xullo no Barco de Valdeorras, á beira do río Sil. Actuarán, entre outros, o grupo Sôber, La Habitación Roja, Carlos Ares e Terbutalina, haberá actividades paralelas para todos os públicos, ampla oferta gastronómica e zona de acampada de balde.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra aprobou este martes o acordo coa Xunta para a adquisición, por parte de ambas as institucións, do antigo Teatro Cinema Fraga de Vigo, unha operación valorada en 9,3 millóns de euros, e na que o goberno galego achega o 51 % e a Deputación o 49 % restante.
Festival de Xardíns, festival de danza, roteiros temáticos, deporte, xogos populares, Festa da Empanada, espectáculos infantís, festival RIR... encherán a axenda de veciños e visitantes que se acheguen á vila do Arnoia de aquí a setembro.
  comenta   0
Tras ser premiado en Málaga o filme do director ourensán Emilio Fonseca chega aos festival Play-Doc, antes de ir ao Festival de Guadalajara en México. A cinta tenta "repensar a categoría do salvaxe dende este apocalipsis climático”.
Segundo a recente investigación realizada polo Science Museum Group do Reino Unido, que analiza a evolución de cor e forma de diferentes obxectos dunha colección.
  comenta   0
O sector cultural galego contaba con 30.169 postos de traballo a peche de 2021, o que supón o 3 % do emprego da comunidade e o 2,5 % do Produto Interior Bruto (PIB), segundo o estudo publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.
  comenta   0
Baixo a denominación 'Cinemas_GAL', reúnense máis de 80 títulos que xa formaban parte do repositorio da plataforma, pero que agora poden atoparse clasificados nun único cartafol.
  comenta   0
Na última sesión contou co coloquio de Adrián Canoura e con proxeccións de 'Non ficción' e de 'Ficción non competitiva'.
  comenta   0
Un estudo da Universitat Oberta de Catalunya puxo de manifesto as desigualdades na participación cultural que existen na sociedade. En barrios de renda baixa, o 58 % das persoas asisten regularmente a actividades culturais, nos de renda alta esta porcentaxe elévase ata o 75 %.
  comenta   0
O director conta a historia real da súa bisavoa e narra a crueldade da vida nunha aldea do interior de Galicia.
  comenta   0
Un repaso pola súa traxectoria, pola situación do cine, no que destaca a figura de Luis Zahera, e polos seus gustos musicais, Grande Amore e Guadi Galego.
  comenta   2
Chegan a Galicia o Cirque du Soleil, os concertos inmersivos de Candlelight e a Film Symphony Orchestra, que visitarán cidades como Santiago, Vigo e A Coruña. Queres saber que ofrecen? Apunta, apunta.
  comenta   0
Luisa Merelas (A Coruña, 1958) encarnou na ficción a mulleres de gran dureza; entre elas, á matriarca Carme Matalobos da serie Matalobos, a Amalia da familia Charlín en Fariña ou, na gran pantalla, á nai Anta da multipremiada As bestas de Rodrigo Sorogoyen.
  comenta   0
A tamén directora e docente recibe o premio "en recoñecemento a unha traxectoria na que vai deixando pegada en múltiples proxectos e facetas profesionais". Tamén nas aulas, xa que forma a novos intérpretes desde hai máis de 15 anos na ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), asi como na facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Destaca tamén polo seu activismo a prol da igualdade.
  comenta   0
Aconteceu o pasado sábado, 9 de setembro, co pase da súa obra 'Encerrona' no marco do Festival de Curtametraxes FIC Vía XIV.
  comenta   0
O evento chega este ano á súa sexta edición, alongarase ata o 9 de setembro e conta con 41 curtametraxes a concurso. O premio 'RIR contigo', que premia traxectorias dedicadas á comedia, será para Manuel Manquiña.
  comenta   0
A película 'O corno' de Jaione Camborda terá a súa estrea galega na sesión inaugural de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, paso previo ás salas de cinema o 11 de outubro.
  comenta   0
No centenario da cineasta madrileña (1923-1995), que estudou ciencias e pretendía ser catedrática nun instituto, a organización do festival rende así tributo á primeira directora de cinema da posguerra española, o premio será recollido polo seu fillo, David García Rodríguez.
  comenta   0
O Festival de Cine Fantástico e de Terror comeza cunha gala de inauguración este mércores ás 21:00 horas na casa da cultura de Monforte.
  comenta   0
Nunha das secuencias máis emblemáticas de Annie Hall, Woody Allen atópase facendo cola para entrar no cine mentres un pomposo pseudointelectual comeza a falar sobre o erudito dos medios de comunicación Marshall McLuhan.
  comenta   0
As Rías Baixas, a cidade da Coruña e o Camiño son os escenarios que máis e mellor recordan e valoran os espectadores de filmes e series rodados en Galicia. Vigo e Compostela son as urbes galegas con máis segundos de rodaxe. Madrid segue sendo o principal núcleo para filmacións en España.
  comenta   0
O francés Denis Ménochet tamén foi premiado como mellor actor polo seu papel nesta película rodada en Galicia.
  comenta   0
Será o 16 de decembro ás 12 da mañá con máis de douscentos escolares no cine Avenida da Rúa, e en liña a través de Youtube para todo o mundo.
  comenta   0
Manolo Rivas, Xavier Madriñán, A cova de Eirós, Ugia Pedreira, Mónica Alonso, Chévere, Atalante e María Varela os elixidos.
  comenta   1
Así o puxo en valor Carlos Montero, director do Festival, na clausura deste domingo 4 de setembro. Na intervención de Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín, referiuse á vila como unha “illa cultural” no sur de Galicia por "concentrar nos últimos anos a maior actividade das industrias culturais do sur da provincia de Ourense".
  comenta   0
Estará do 10 ao 13 de agosto por terras galegas para achegar ao público unha escolma dos seus 'grandes hits monologueiros'.
  comenta   0
Este galardón, que concede o Festival RiR e premia a traxectoria artística dedicada ao mundo da comedia, foi recibido en edicións anteriores por humoristas como Carlos Blanco, Luis Davila e Xosé A.Touriñán. O festival, no que destaca o concurso internacional de curtametraxes de comedia, terá lugar entre o 5 e o 10 de setembro.
  comenta   0
O documental, dispoñible en Youtube e producido por Meteórica Cine baixo a dirección de Alba Prol, fai un percorrido pola historia da educación galega e pon en valor as escolas rurais no pasado e na actualidade.
O programa especial, para lembrar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, levará a Córgomo e contorna diferentes actividades que protagonizarán artistas relevantes da cultura e da escena galega. Entre outros, estarán Cándido Pazó, Alberte Montes, Paco Campos, Fátima Delgado, Anxo Baranga, Lucía Aldao e María Lado.
  comenta   0