O Facom Fest, a iniciativa para que os proxectos audiovisuais do estudantado “non queden reducidos a traballos de clase”

Celebrarase en Santiago de Compostela entre o 29 de novembro e o 2 de decembro

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O Facom Fest é un festival de cine organizado polo alumnado de 4º de Comunicación Audiovisual da USC para ofrecer unha saída ás primeiras obras do estudantado galego. Celebrarase en Santiago de Compostela entre o 29 de novembro e o 2 de decembro.

Alumnado da Facultade de Comunicación. Arquivo
Alumnado da Facultade de Comunicación. Arquivo

Desde a organización explica que “este evento constitúe unha oportunidade para visibilizar os primeiros proxectos realizados pola mocidade vinculada cos estudos audiovisuais existentes en Galicia, que en moitas ocasións quedan reducidos a traballos de clase sen a expectativa dun visionado público”.

Polo tanto, o que buscan con esta iniciativa  é “conformar un espazo no que exhibir a diversidade de talentos e intereses que posúen”, proporcionando un punto de encontro no que poidan comezar a facerse un oco no sector e gañar unha experiencia práctica máis próxima ao mundo profesional. Ademais, tamén sinanal que isto non só favorece aos propios creadores, senón que enriquece o panorama cultural.

o evento ten como principal propósito a proxección das obras seleccionadas, facendo distinción entre dúas categorías competitivas: ficción e non ficción. Os participantes poderán a enviar as súas pezas durante un prazo comprendido entre o xoves 27 de outubro e o venres 11 de novembro

Así mesmo, as proxeccións estarán complementadas por outras actividades organizadas en relación co ámbito audiovisual que completarán a programación de catro días do festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta