O Palmarés da segunda edición do Facom Fest

Na última sesión contou co coloquio de Adrián Canoura e con proxeccións de 'Non ficción' e de 'Ficción non competitiva'.

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 01/12/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Facom Fest culminou a súa segunda edición converténdose de novo nun auténtico espazo para descubrir as creacións das novas xeracións de cineastas e no que o público asistir a diferentes coloquios. O xurado, composto por expertos e alumnado, escolleu as propostas premiadas nunha gala amenizada musicalmente pola cantante Gloria Pavía. 

Os gañadores, gañadoras e mencións especiais
Os gañadores, gañadoras e mencións especiais | Fonte: Facom Fest

O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación estaba máis que listo para o momento da entrega de premios. Na categoría de 'Ficción', a obra gañadora foi Toxos de Jaqueline Reimúndez e Anxo Cambón; Vulgaris, de Mario Fernández Fillou, levou o premio de 'Non Ficción';e na categoría de videoclip a obra galardonada foi No Name, asinada polo Colectivo i para a banda Beach Avenue. Ademais disto en cada categoría houbo mencións especiais en recoñecemento a labores técnicas e artísticas (a mellor deseño sonoro, montaxe, interpretación, dirección, dirección de arte e dirección de fotografía). Isto todo ata o ano que vén! 

O MÁIS DESTACADO DA DERRADEIRA XORNADA

Durante a mañá e a tarde deste xoves, o Facom Fest tivo unha ampla oferta previa á gran gala final. Adrián Canoura, cineasta, responsable de videoclips de grupos como Baiuca ou dos vídeos en directo de Sen Senra ou Guitarricadelafuente, fixo un repaso pola súa traxectoria. No seu coloquio titulado 'Sendeiros da experimentación', o de Burela proxectou desde o seu primeiro documental, cando aínda era un estudante, ata detalles do que será a súa primeira película. 

Proxectou o seu primeiro documental que fixo cun amigo da súa Burela natal en torno a denominada 'Guerra do bonito'. A día de hoxe recoñece que cambiaría moitas cousas desa primeira peza, pero que foi un contacto inicial coa experimentación e co arquivo. "É mellor pedir perdón, que permiso", asegurou Canoura. A continuación, amosou a obra á que máis cariño lle ten que é "Batuko exploration", peza que forma parte do seu proxecto Nistra. Neste visibiliza a comunidade caboverdiana de Burela,os seus "veciños e veciñas" e "as nais dos amigos". O estilo do cineasta neses inicios da experimentación estaban marcados polas cores, as texturas, os efectos, manipulación da imaxe e, neste caso de Nistra, coa música da percusión das mulleres tocando en combinación coa electrónica. 

logo do Facom fest
logo do Facom fest | Fonte: Comunicación Facom fest

Despois xa pasou aos videoclips e a amosar o primeiro que fixo para o grupo Baiuca, entre outros e por último amosou unha das súas curtametraxes titulada "Lóstregos no ceo". Despediuse do coloquio amosando algo do que será a súa primeira película protagonizada polo seu pai e producida por Xeitun Films. "É algo diferente e por explorar, traballar cun equipo e cun presuposto", explicaba Canoura. Titularase "Fomos ficando sós" e afondará no seu proxenitor "un pescador de altura do porto de Burela"e a idea inicial é proxectala en festivais, 

Unha vez rematou este interesante coloquio, xa pola tarde, houbo proxeccións de 'Ficción non competitiva' con curtametraxes como "O neno sardiña" de Lucía Estévez, "Señora, por favor" de María Aragón e Alma Alonso ou "La cuarta dimensión" de Taro K Zelada. Posteriormente, Lucía e Tarón compartiron co público o seu proceso de creación e inquedanzas. Xa por último e previo a gala final, vironse as pezas que competían na categoría de 'Non ficción' como "Where We meet" de Aniana Barreiro, "Vulgaris" de Mario Fernández Filloy ou "Palomas de auga" de Daniel Valcárcel, entre outras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta