Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 12/11/2023 | Actualizada ás 10:00
Galicia, terra de tradicións e paisaxes asombrosas, prepárase para recibir unha avalancha de emocionantes experiencias culturais nos próximos meses. Dende o extravagante mundo do Cirque du Soleil ata os concertos baixo a cálida luz das velas de Candlelight e os espectaculares concertos da Film Symphony Orchestra, a nosa terra está a punto de cegar a locais e visitantes por igual. Descobre por que estes espectáculos son imprescindibles na túa axenda.
CIRQUE DU SOLEIL: OVO - UNHA AVENTURA NO MUNDO DOS INSECTOS
O Cirque du Soleil seguramente é o espectáculo circense máis famoso mundialmente. 'Ovo' invítate a somerxerte nun ecosistema único, onde as formigas fan malabares con comida, as arañas texen as súas telarañas e as pulgas coloridas saltan polos aires. Pero o que realmente sorprende é a chegada dun misterioso ovo que o cambia todo.
Esta produción, que debutou no Royal Albert Hall de Londres no 2018, percorreu o mundo, levando a maxia dos insectos aos escenarios de toda Europa. O Cirque du Soleil arrisca cun ton máis divertido e xovial en 'Ovo', alonxándose do seu estilo formal e misterioso habitual. Unha experiencia de entretemento única que encantará a toda a familia e que podremos ver no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
CANDLELIGHT - CONCERTOS Á LUZ DAS VELAS
Nun recuncho de Galicia, baixo a tenue luz das velas, Candelight transforma a recintos históricos en escenarios máxicos para presentar concertos inmersivos. Organizado por Fever, esta experiencia musical única ofrece a oportunidade de desfrutar dunha velada especial baixo a cálida luz das velas.
Dende concertos ao aire libre ata eventos centrados no jazz, no ballet e na música clásica, Candlelight ofrece unha variedade de opcións para todos os gustos. Imaxina unha noite máxica e inesquecible, mentras te deleitas coa mellor música nun ambiente íntimo e acolledor. Unha experiencia que xa cautivou a cidades de todo o mundo e que agora poderemos desfrutar tamén en Vigo e A Coruña.
FILM SYMPHONY ORCHESTRA - MÚSICA DE CINE NA SÚA MÁXIMA EXPRESIÓN
A Film Symphony Orchestra (FSO) é unha xoia para os amantes da música de cine. É a primeira orquestra sinfónica europea especializada na realización de xiras de música de cine. Dirixida polo mestre Constantino Martínez-Orts, a FSO conta con 80 músicos profesionais seleccionados pola súa excelencia técnica e artística.
Percorreron os principais auditorios e espazos do país, participando en eventos cinematográficos de renome. O que fai que os concertos da FSO sexan aínda máis especiais é o seu innovador sistema de iluminación que somerxe ao público nunha experiencia de cine. Máis de 100.000 persoas xa desfrutaron dos concertos da FSO, e ti non podes quedarte atrás.
Todos estes espectáculos non só poderán entreterche, senón que tamén conseguirán lervarche a un mundo de emocións e sorpresas. A que estás agardando para somerxirte nesta marabillosa oferta de entretemento en Galicia? Non podes perderte estas experiencias únicas que seguramente crearán recordos inesquecibles!
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.