Temas: PREMIOS CINE

'As bestas' triunfa nos Premios Forqué como mellor filme

O francés Denis Ménochet tamén foi premiado como mellor actor polo seu papel nesta película rodada en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 18/12/2022 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

'As bestas', premiada como Mellor película, e 'Apagón', recoñecida como Mellor serie, foron as triunfadoras da XXVIII edición dos Premios Forqué, que renderon unha emotiva homenaxe á actriz e directora Verónica Forqué, falecida o 13 de decembro de 2021.

O equipo de 'As bestas' na alfombra vermella dos XXVIII Premios Forqué.. PREMIOS FORQUÉ
O equipo de 'As bestas' na alfombra vermella dos XXVIII Premios Forqué.. PREMIOS FORQUÉ | Fonte: Europa Press

A gala, celebrada no Palacio Municipal de IFEMA de Madrid , foi presentada polos actores Adrián Lastra e Esmeralda Pimentel, quen reivindicaron a unión do cinema español e latinoamericano nunha noite que gardou o seu principal premio para o final.

O último galardón que se anunciou foi o de Mellor longametraxe de ficción e animación, que foi para 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen, quen aplaudiu o gran nivel do cinema español.

"Estamos seguros de que foi disputadísimo porque os directores cos que estamos nomeados... quero aplaudirlles", manifestou o cineasta, que competía con 'Cinco lobitos', de Alauda Ruiz de Azúa; 'Alcarràs', de Carla Simón, e 'Modelo 77', de Alberto Rodríguez.

No apartado de cinema, tamén foi recoñecido como Mellor interpretación masculina o francés Denis Ménochet polo seu papel en 'As bestas', mentres Laia Costa se fixo co galardón de Mellor interpretación feminina polo seu protagonista en 'Cinco lobitos'.

Temas: PREMIOS CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta