Queres coñecer quen recibiu os Premios da Crítica de Galicia 2021?

Manolo Rivas, Xavier Madriñán, A cova de Eirós, Ugia Pedreira, Mónica Alonso, Chévere, Atalante e María Varela os elixidos.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 19/11/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Manolo Rivas, Madriñán, A cova de Eirós, Ugia Pedreira, Mónica Alonso, Chévere, Atalante e María Varela os elixidos acaban de ser galardonados nos premios da Crítica de Galicia 2021. A decisió foi adoptada este sábado en Vigo nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.

Manuel Rivas, un dos gañadores do Premio Torrente Ballester de Narrativa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Manuel Rivas, un dos gañadores do Premio Torrente Ballester de Narrativa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Baixo o lema «Galicia é infinda» do poeta Florencio Delgado Gurriarán, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. No transcurso do acto, que foi conducido pola escritora Ledicia Costas, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica de Galicia, fixo un percorrido pola memoria desta iniciativa pioneira organizada en Vigo dende hai corenta e cinco anos.

O xurado da XLV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Creación Literaria acordou outorgar por maioría o premio a O que fica fóra de Manuel Rivas (Apiario). A figuración galega en Irlanda (1840-1936) de Xavier R. Madriñán foi premio de Investigación.

Pola súa banda, a Cova de Eirós foi premio de Iniciativas Culturais e Científicas 2022; Ugia Pedreira, premio de Música 2022; Mónica Alonso, premio de Artes Plásticas 2022; N.E.V.E.R.M.O.R.E de Chévere, premio de Artes Escénicas 2022; Atalante, premio de Cine e Artes Audiovisuais 2022 eMaría Varela, premio de Cultura Gastronómica 2022.

Esta XLVª edición dos Premios da Crítica de Galicia estivo patrocinada polo Concello de Vigo, A Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Pontevedra, sendo entidades colaboradoras Afundación e Sargadelos. Contou ademais co patrocinio de trinta empresas e entidades de produtos galegos de calidade, etiquetados na nosa lingua.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é o espectáculo máis frouxo de todos os de Chévere, unha sesión gris da Nasa levada a sala de teatro. Espero que non dexeneren coma uns "Joglars" autonómicos máis...