Críticas ó ministro de Universidades tras anunciar que non acudirá á reunión coas CC.AA

Castells foi operado o pasado venres e está a gardar repouso. As redes critican a súa "ausencia" nos últimos meses: "Castells é ministro, pero asintomático", ironiza un usuario.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O Ministerio de Universidades informou este luns que o ministro Manuel Castells non poderá acudir finalmente á Comisión Delegada da Conferencia Xeral de Política Universitaria, na que se vai a tratar o inicio do curso académico. Segundo destaca o Goberno, Castells foi sometido o pasado venres 28 a unha operación cirúrxica "de carácter non grave pero si urxente" da que se está a recuperar.

O ministro de Universidades, Manuel Castells, durante unha rolda de prensa para informar sobre a última hora da crise sanitaria provocada polo coronavirus, en Madrid (España) a 23 de abril de 2020.. Moncloa
O ministro de Universidades, Manuel Castells, durante unha rolda de prensa para informar sobre a última hora da crise sanitaria provocada polo coronavirus, en Madrid (España) a 23 de abril de 2020.. Moncloa

A través dun comunicado, e unhas horas antes de que comece o encontro telemático, o Ministerio explicou que a presenza de Castells estivo "no aire" ata o último momento porque o ministro "fixo o posible por estar". "Finalmente, a súa convalecencia impediulle a participación", sinalan.

A Comisión Delegada da Conferencia Xeral de Política Universitaria reúnese este luns con presenza das comunidades autónomas. O obxectivo, tal e como informou o Ministerio de Universidades a semana pasada, é "asegurar unha boa coordinación do inicio do curso" e "garantir que tanto o persoal docente e investigador, como o estudantado e o persoal de administración e servizos dispoñen de información precisa sobre as medidas sanitarias e educativas que se van a aplicar no curso 2020-2021".

CRÍTICAS Á "AUSENCIA"

O anuncio de que Castells non acudiría á reunión coas CCAA vén de saldarse coas críticas de múltiples tuiteiros que lle afean ó ministro a ausencia de medidas claras malia a proximidade do curso. Neste sentido, e malia a xustificación ofrecida polo Goberno, as críticas a Castells lévanse sucedendo nas últimas semanas, particularmente cando se cumpren catro meses dende a súa derradeira rolda de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Esperábase moito máis de Castells, certo, pero pásalle como a Celáa: 1) non ten competencias directas, só pode orientar; 2) cada vez que fala monta un lío. Os reitores gobernan máis de cen mil docentes e trinta mil pas administrando miles de millóns de euros: que actuén, xuntos ou por separado. O ministro, a coidarse moito, que o caso é ter saúde...