A alcaldesa da Coruña remodela o seu goberno coa fichaxe da ex edil de Cs, Mónica Martínez

A xornalista levará a área de Deportes. Inés Rey asume Cultura, Jesús Celemín queda só con Educación, Juan Ignacio Borrego coorinará Seguridade Social e Diana Cabanas a xestión cos barrios

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/09/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A exconcelleira de Cs na Coruña, Mónica Martínez, incorpórase ao goberno local da cidade. Así o anunciou a alcaldesa, a socialista Inés Rey, ante os medios, destacando o "compromiso" da edil coa urbe e a súa "enorme capacidade de diálogo e vontade de achegar e sumar en cada proxecto que entende beneficioso para os coruñeses".

Martínez abandonara Ciudadanos a principios de xuño para pasar a ser concelleira non adscrita do pleno da Coruña. Agora, segundo explicou a rexedora, asumirá as competencias de Deportes. A nova edil do Goberno local márcase como obxectivo, apuntou, que o deporte sexa "eixo transversal" na cidade. De feito, ela mesma foi comentarista deportiva na súa etapa como xornalista na CRTVG.

A rexedora tamén anunciou que asumirá directamente as competencias en Cultura, polo que o actual concelleiro responsable da materia, Jesús Celemín, quedará só con Educación. O ata agora responsable de Deportes, Juan Ignacio Borrego, pasará a coordinar Seguridade Cidadá e Diana Cabanas xestionará o contacto cos barrios.

Rei xustificou a reforma do Executivo local na pandemia de Covid-19. "Esta nova realidade que temos que xestionar obríganos e pídenos unha reestruturación", afirmou.

A alcaldesa, Inés Rey, e o portavoz socialista, José Manuel Lage, nunha reunión coa edil de Cs, Mónica Martínez
A alcaldesa, Inés Rey, e o portavoz socialista, José Manuel Lage, nunha reunión coa edil de Cs, Mónica Martínez | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta