Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2020 | Actualizada ás 14:10
As residencias de maiores de Galicia rexistran un total de 331 casos de covid-19 este xoves, dos que 249 son contaxios de usuarios e 82, de traballadores, de acordo coa actualización das consellerías de Sanidade e Política Social, feita con datos de última hora do mércores.
Nas últimas 24 horas coñeceuse un novo positivo no cadro de persoal da residencia do Incio, intervida pola Xunta. Deste xeito, os empregados contaxiados soben a 31, mentres que o número de usuarios con covid-19 neste centro é de 77, un menos que onte tras o falecemento, comunicado o mércores, dun dos usuarios, ingresado no Hospital Lucus Augusti.
Ademais, este xoves notificouse a curación de tres usuarios da residencia Orpea de Culleredo, na que quedan aínda 26 anciáns afectados, ademais de cinco empregados. O centro xeriátrico cun maior número de contagios é a DomusVi Lugo, situada en Outeiro de Rei, onde as cifras se manteñen estables con respecto a onte: están contaxiados 142 usuarios e 24 traballadores.
Ademais de en este tres centros, hai maiores infectados co coronavirus tamén na residencia DomusVi de Lalín. Neste caso, seguen constando catro empregados afectados. No centro DoralResidencias de Mos figuran dous casos de empregados contaxiados, aos que se suman os casos individuais de traballadores doutras 16 residencias do catro provincias.
CENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE
Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade mantéñense sen cambios con respecto a onte. Hai 11 usuarios afectados na residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros.
En canto ao persoal, hai cinco traballadores contaxiados: dous na Ricardó Baró, un na residencia de Aspace na Coruña, outro na da Braña na Estrada e un máis en Juan Vidán Torres, en Santiago de Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.