Coñecemos a este profesional do dereito, con despacho profesional nunha parroquia de Outeiro de Rei, que di ser feliz “espallando coñecemento e colaborando na alfabetización en dereitos da poboación” dende a docencia, e “traballando a prol dos dereitos de determinados colectivos”, dende o exercicio da avogacía.