Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2020 | Actualizada ás 20:22
O Museo MAN, situado no municipio coruñés de Camariñas, acolle desde o vindeiro sábado 26 de setembro a exposición 'De Anantapatur a Camelle pasando polo Mediterráneo' da Fundación Vicente Ferrer.
Trátase dun traballo artístico do III Ruta da arte de Anantapur, un proxecto solidario a través da creación plástica da Fundación Vicente Ferrer, organización non gobernamental que conta cunha traxectoria de medio século traballando en favor do desenvolvemento das zonas rurais da India.
A mostra é froito do traballo de oito artistas do colectivo 'Mata Sombras', que iniciaron unha viaxe en febreiro de 2020 xunto ao comisario Antonio Torres Martorell. A exposición, de carácter itinerante, chega ao Museo MAN de Camelle o vindeiro sábado tras pasar por Baleares e a Marina Alta, en Valencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.