Ciudadanos segue apostando por Beatriz Pino como coordinadora en Galicia

O partido aproba a composición do comité autonómico.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/09/2020 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O Comité Executivo de Ciudadanos designou aos novos membros dos Comités Autonómicos do partido que, no caso galego, mantén a Beatriz Pino como cabeza visible e coordinadora da formación laranxa.

Beatriz Pino
Beatriz Pino | Fonte: Ciudadanos.

María Vilas estará á fronte de acción institucional e será coordinadora pola Coruña, mentres que a exportavoz de Cs e que no seu momento apoiou o sector crítico liderado por Francisco Igea, Olga Louzao, asumirá a organización. Así mesmo, Jorge Barrio será o responsable de Comunicación. Francisco Pintado, Luís Miguel Lamas e Manuel Ribao serán os coordinadores provinciais por Lugo, Pontevedra e Ourense.

O comité autonómico estará conformado por Olga Louzao, Abel García, José Ramón Oulego, Andrés Cal, Jorge Barrio e Silvia Caramés. Unha das novidades é a saída de Laureano Bermejo, que asumía ata agora o papel de secretario de Organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta