Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 13:42
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Xunta está "a atender a 20.000 persoas máis das que se atendían antes da crise económica" provocada polo impacto do coronovirus desde mediados de marzo. "A situación obríganos e reclámanos para poder atender a estas 20.000 persoas", afirmou.
Estas manifestacións realizounas o xefe do Executivo galego en Ferrol na mañá deste luns durante unha visita realizada ás instalacións da Cociña Económica, que foron obxecto dunha reforma nos últimos meses. Así, Feijóo referiuse a as "máis de 6.000 familias" ás que se distribuíu o cartón familiar, "dotada con entre 450 e 900 euros por trimestre para comprar produtos de primeira necesidade".
Ademais, subliñou "a pronta tramitación" para 1.600 familias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), ademais "de incrementar nun 50% as partidas de inclusión social, atendendo a 1.200 beneficiarios".
INGRESO MÍNIMO VITAL
Noutra orde de asuntos, Núñez Feijóo tamén trasladou que se volven a pór "a disposición do Goberno central para xestionar de forma rápida o ingreso mínimo vital, xa que na actualidade só está a atender ao 10% do total das persoas que teñen dereito a este ingreso".
"Sabemos xestionalo, levamos moito tempo facéndoo, tal e como facemos coa Risga e gustaríanos que, se o Goberno central o considera oportuno, poder axudar para que as persoas que teñan dereito p poidan percibir no menor tempo posible", asegurou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.