Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/10/2020 | Actualizada ás 16:57
O grupo parlamentario do BNG pediu á Xunta que esixa o uso do topónimo oficial da Toxa en eventos, rótulos e establecementos. A deputada Montse Prado rexistrou varias iniciativas na Cámara con este fin despois de que se celebrou o denominado 'Foro La Toja', que incumpre a lei de normalización lingüística.
O Bloque insta o Goberno autonómico a que se dirixa aos organizadores do Foro, ao Gran Hotel e aos responsables das rotulacións para que pedir "respecto pola toponimia oficial de Galicia", así como a "proceder á corrección do topónimo deturpado e substituílo polo da Toxa, xa que é a denominación correcta e legal".
Para Montse Prado, este feito "representa un exercicio de ostentación e desprezo que non se pode consentir pola toponimia propia de Galicia", no que considera "unha agresión" á lingua galega.
O Bloque apunta que esta deturpación súmase á que se realiza de forma permanente tanto no monólito que hai na entrada da illa da Toxa como no nome do hotel no que se realizou o foro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.